CRTVG

Buscar

Multa de seis millóns de euros para o BBVA por infraccións en relación a venda de hipotecas

Publicado o 10/08/2021 08:48
Multa de seis millóns de euros para o BBVA por infraccións en relación a venda de hipotecas

Multa para o BBVA de seis millóns de euros por dúas infraccións graves na venda de hipotecas. O Banco de España considera que a entidade incumpriu obrigacións coa información para cos clientes en relación a existencia dun código de boas prácticas.

Amais o organismo supervisor engade que cometeu infraccións en relación coa reestruturación de hipotecas, nos momentos, prazos ou esixencia de condicións adicionais a determinados clientes.

Noticias web

10/08/2021