Multa de 3.000 euros por facer unha festa aproveitando que non estaban os pais
Publicado o 08/04/2021 14:35
Ao verse só na casa, un mozo lugués de 20 anos, convidou os amigos e decidiron facer unha festa. Antes da pandemia as consecuencias que podería carrexar a súa conduta sería un castigo, pero ante a situación sanitaria actual, este tipo de actos son unha infracción grave da lei de saude pública, penalizada con ata 3000 euros de multa. No barrio a noticia pillou por sorpresa aos veciños.
Tras a sorpresa a indignacion e a maioría apoian que se sancionen este tipo de condutas. Aínda que o día da festa os axentes que se achegaron ao domicilio non lograron identificar o rapaz e o resto dos asistentes, fixérono tres días despois e grazas á colaboración dos proxenitores, o que permitiu iniciar o expediente sancionador.