Multa de 10.400 euros para o príncipe Xoaquín de Bélxica por saltar o confinamento en España
Publicado o 10/06/2020 21:28
O príncipe Xoaquín de Bélxica enfróntase a unha multa de 10.400 euros por saltar o confinamento cando estivo en España. É a sanción que propón a Subdelegación do Goberno de Córdoba.
Foi nesta cidade andaluza onde a finais de maio, Xoaquín de Bélxica acudiu, incumprindo a corentena, a dúas celebracións tras as que deu positivo por coronavirus. O príncipe, que é sobriño do rei dos belgas, pediu desculpas días despois.