Multa a unha condutora en Santiago que mentiu ao xustificar a viaxe co enterro da nai
Publicado o 25/04/2020 18:06

A Garda Civíl multou unha muller que lles mentiu aos axentes cando a pararon nun control na autovía A-54 entre Santiago e Lugo en sentido a esta última cidade ao xustificar a viaxe alegando que ía ao enterro da súa nai.
A patrulla deixou que continuase a viaxe, pero tomaron todos os datos e a posteriori comprobaron que non existía tal sepelio, polo que presentaron a proposta de denuncia por saltar o confinamento decretado por mor do coronavirus.
A sorpresa dos axentes veu cando verificaron que a muller intentou enganalos. A nai da infratora era verdade que falecera, pero o 10 de marzo, antes do estado de alarma, polo que o enterro xa se celebrara con anterioridade.