Mulleres e Cultura Urbana, un encontro artístico feminino no Gaiás para reflexionar sobre as desigualdades no sector
Mulleres e Cultura Urbana. Esta é a segunda edición. É un evento que empezamos a organizar un pouco como spin-off, continuación do noso festival de arte urbana e feminista contextual Delas Jam.
"Contamos que precisamos espazos para atoparnos as mulleres, crear conxuntamente e reflexionar sobre as eivas e dificultades no sector da cultura urbana e especialmente na arte urbana e tamén nas outras disciplinas", di Clara Rodríguez Cordeiro, de 7H Cooperativa Cultural e comisaria do evento. Algo que constatan no seu día a día as artistas participantes:
"Este evento é moi importante porque rompe unha estrutura social onde sempre se vinculou o graffiti e a arte urbana cos homes. Estes espazos rompen con esta dinámica para facernos partícipes e apropiarnos das rúas, do espazo público e poder participar nos eventos. E non só en festivais, senón tamén na vida cotiá", di Killa EK.
"Eu creo que este tipo de eventos é moi importante para amosarlles a outras mozas, a outras nenas e ter exemplos do que se pode facer porque non só os homes o fan", asegura tamén a portuguesa Sphiza.
"Dalgunha maneira gústame moito tamén facer de activista e protestar cando pinto. Entón penso que é unha boa ferramenta para que a demais xente se fixe en cousas que non se fixaría normalmente e faga un cambio. Coas "Corpas" amoso como o corpo da muller sempre estivo moi xulgado en todos os sentidos e dalgún xeito as idades, a diversidade funcional. Se non imos traballando estas cousas para facer todo inclusivo ao final seguimos no mesmo". E iso é o que amosa tamén coas súa obra a barcelonesa Malicia.