CRTVG

Buscar

Amordazan e atan unha muller en Ortigueira para roubar na casa dos sogros

Publicado o 08/03/2019 13:30

A Policía Xudicial da Garda Civil de Ferrol investiga un atraco no lugar da Ponte de Mera, en Ortigueira. Aconteceu a plena luz do día, nesta vivenda á que os delincuentes accederon pola parte de atrás. No interior estaba a vítima, de mediana idade, coidando a súa sogra.Tras perpetrar o roubo, os asaltantes deixaron a muller atada de pés e mans e así estivo ata que a liberou o seu sogro en canto chegou á casa. Amais, os atracadores, antes de abandonar a vivenda, estragaron un moble cun martelo. Os veciños din que é a primeira vez que acontece un atraco dentro dunha casa, pero si contan outros sucesos similares. 

Noticias web

08/03/2019