CRTVG

Buscar

Mujaid deixa o Deportivo para xogar no Genk, da Primeira División belga

Publicado o 18/05/2021 23:03
Mujaid deixa o Deportivo para xogar no Genk, da Primeira División belga

Comeza o movemento de xogadores no fútbol galego. O primeiro é o anuncio do Deportivo da marcha do central canteirán Mujaid, que irá á Primeira División de Bélxica. Xogará no Genk, un equipo que ocupa arestora a segunda posición do campionato. 

Mujaid foi unha das poucas boas novas da temporada pasada na Segunda División. Titular nos dous últimos anos, o central rioxano deixa en caixa uns dous millóns de euros.