CRTVG

Buscar

Mudamos de estación e o outono trae cambios no tempo

Publicado o 22/09/2021 14:33

Apurando as últimas horas do verán paseando pola beiramar e mesmo pensando en dar o último baño no mar antes do comezo do outono. A partir das nove e vinte desta noite mudamos de estación e, como non, de tempo tamén. Estes últimos días de verán puidemos desfrutar de temperaturas suaves e do sol, un tempo que lle agrada a máis dun, sobre todo despois dun verán algo irregular.

Pero o outono pide paso, e xa deixará ver este venres, que se agarda unha xornada tormentosa en moitos puntos da nosa comunidade. Unha situación que se repetirá no sábado. A primeira borrasca da temporada tampouco tardará en chegar. Será o luns, aínda que se prevé unha fronte pouco activa. Darémoslle, pois, a benvida ao outono.

Noticias web

22/09/2021