CRTVG

Buscar

Mozos voluntarios restauran de novo os lavadoiros da Estrada

Publicado o 01/09/2020 15:42

Os veciños da Estrada e especialmente os próximos ao lavadoiro de Leicures estaban encantados co traballo que fixeron hai un ano os mozos da asociación La Estación. Deixaron a zona dos lavadoiros, ata entón con aspecto de abandono, convertida nun espazo limpo e agradable. Pero algúns do botellón estragaron e devolveron isto case ao estado primitivo. E os voluntarios da Estación anuncian que van contraatacar como saben, produtivamente.

"Nós temos a premisa de que non nos rendemos ante o vandalismo. Non importa cantas sexan as veces que o vandalismo vén a este sitio ou a calquera outro onde traballamos, sempre atacaremos de volta", indica Alonso de la Cantera, presidente de Ocionautas e diector do centro xuvenil La Estación.

Noticias web

01/09/2020