CRTVG

Buscar

Mozos franceses viaxan a Madrid en avión para pasar unha fin de semana de marcha

Publicado o 20/03/2021 20:25

Fin de semana de marcha en Madrid. Esa é alternativa para moitos mozos franceses que viaxan en avión á capital de España co obxectivo de vivir a noite cunha liberdade imposible en territorio galo. Alí as restricións en bares, restaurantes e salas de espectáculos son máis severas. "A verdade é que estou aquí para gozar dos praceres que España está a ofrecer e que en Francia non se ofrecen", sinala un dos visitantes.

Non faltan os que tiran de capacidade adaptativa á noite madrileña e compatibilizan traballo e lecer. Un mozo explica que traballa para "unha empresa gala que está en todas partes de Europa" e que ten que pernoctar en Madrid este días. Admite que aproveita para "gozar tamén" da noite na capital do Estado.

Un dato chama a atención: desde Francia ofértanse paquetes turísticos para pasar a fin de semana en Madrid por 150 euros e con dereito a unha noite nun piso turístico. Iso si, coa condición de facer un test PCR á volta. E aos franceses tamén se unen italianos: "Todos os bares están abertos, as dicotecas están abertas; daquela para nós é mellor".

Din que hai moita demanda para este tipo de escapadas de dous días. Mentres, os veciños das zonas afectadas non deixan de reclamar contundencia para que se respecte o toque de queda.

Noticias web

20/03/2021