CRTVG

Buscar

O Celta presentará unha demanda para anular o convenio das obras de Balaídos

Publicado o 07/05/2021 17:06

• Tamén avanzou que Coudet seguirá como mínimo a temporada que vén

Coudet seguirá como mínimo a temporada que vén. A que non confirmou foi a continuidade do director deportivo. Miñambres remata o trinta de xuño. Aínda así arrancou xa a planificación deportiva. Quérese pechar un equipo competitivo para aspirar a máis.

Outra constante é a lea entre o Celta e o Concello. O presidente criticou que Balaídos terá un sobrecuste de 30 millóns e anunciou que o club presentou unha demanda para anular o convenio das obras do estadio. Unha medida que podería chegar máis lonxe.