CRTVG

Buscar

Falece un motorista nun accidente nunha zona rural de Santiago

Publicado o 27/02/2019 08:27

En Santiago, pouco antes das dúas da madrugada, un motorista de 43 anos e domiciliado en Oroso saíu da estrada de Chaián, no quilómetro dous, nun tramo recto con limitación de velocidade a sesenta quilómetros. Ía en dirección a Trazo e o accidente foi no termo municipal compostelán, pero moi preto do concello veciño, e a carón do río Tambre. Circulou uns cincuenta metros por fóra da vía, ata que acabou caendo do seu vehículo. Morreu practicamente no acto, os servizos sanitarios non puideron facer nada pola súa vida e o levantamento do cadáver produciuse algo máis dunha hora despois do sinistro, pasadas as tres da madrugada. A Garda Civil investiga os feitos.

Noticias web

27/02/2019