CRTVG

Buscar

Mosquera: "A afección do Deportivo sempre respondeu, sexa un venres ou un luns"

Publicado o 28/02/2019 18:09
Mosquera: "A afección do Deportivo sempre respondeu, sexa un venres ou un luns"

E saben que o Deportivo xoga o luns. Ese horario co que Javier Tebas castiga os afeccionados. E iso provoca as protestas dos que ocupan as bancadas. De feito, a afección do Deportivo está preparando a súa entrada a Riazor para as nove e cinco minutos. O partido arranca ás nove. Claro que a Tebas seguramente lle dará igual.

Pedro Mosquera, R. C. Deportivo: "Preferimos que sexa en horarios en que poida vir a máxima xente posible pero, dende que estou aquí, e xa de antes, cónstame que a afección do Deportivo sempre respondeu independentemente do día, fose venres ou luns sempre estivo connosco e estou seguro de que vai seguir estando".


 

Noticias web

28/02/2019