Mos, o concello máis afectado da bisbarra de Vigo, segue perimetrado
Sen saír do termo municipal, e sen recibir visitantes así seguirá sendo a vida dos veciños de Mos a partir do luns. O Goberno local reforzará a vixilancia da Policía Local e anima os mosenses a extremar as precaucións en parques infantís, montes comunais, superficies comerciais e mesmo cerimonias relixiosas, onde se produciu un dos últimos abrochos coñecidos.
Os casos a día de hoxe son trinta e nove, unha mellora importante fronte aos case sesenta da semana pasada. A industria e as novas formas de lecer fan que Mos sexa nos últimos tempos un dos concellos da área con máis fluxo de persoas.
Os residentes en Mos levan con responsabilidade e resignación o seu peche perimetral
Todos, mesmo os máis afectados, agardan baixar o nivel das restricións e mediados de marzo.