Mos e Cambados baixan ao nivel medio de restricións
Publicado o 10/03/2021 14:19
Os bares de Mos e Cambados só poden atender en terrazas. A apertura do servizo no interior, ao 30 % da súa capacidade, é unha boa nova para os hostaleiros.
Na situación actual Mos é o único concello da área sanitaria de Vigo en nivel laranxa, o que restrinxe moito os desprazamentos fóra do municipio. Algo semellante ao que ocorre en Cambados.
A partir do venres recuperan boa parte da mobilidade. Entran no mesmo nivel que a maior parte dos concellos galegos.
Os dous concellos teñen unha incidencia acumuladaa 14 días inferior a 250.