CRTVG

Buscar

Mos case duplica a súa incidencia en 24 horas

Publicado o 20/05/2021 16:11

No instituto de Mos detectaron doce positivos e van facer mañá un cribado. En 24 horas a incidencia nese concello pontevedrés practicamente multiplicouse por dous. Os primeiros casos detectáronse entre os mozos dun club deportivo do concello. Para evitar que esa situación empeore está previsto un cribado entre os setecentos alumnos do instituto de Mos.

O importante incremento de casos nas últimas horas tamén fai temer o peor aos hostaleiros, os máis afectados ante un posible aumento das restricións. Á espera do que decida esta tarde o comité clínico, Mos podería pasar do nivel baixo ao nivel alto de restricións xa que, segundo os últimos datos, a incidencia acumulada a catorce días supera xa os 290 casos.

Nos últimos sete días no concello de Mos rexistráronse 33 novos casos. 

Noticias web

20/05/2021