CRTVG

Buscar

Morreu Antón Cancelas, un mestre da dobraxe e a voz de J. R. en 'Dallas'

Publicado o 10/01/2021 12:58

E temos que despedir este domingo un referente da dobraxe en galego. Morreu Antón Cancelas. El foi o que lle puxo voz ao Terminator galego con ese famoso "A rañala, raparigo". E, nos inicios desta canle, foi a voz de J. R. en Dallas.

Morreu o sábado despois de tres décadas traballando no que para el era algo máis ca unha paixón. Súas son moitas das elixidas como as mellores frases da dobraxe na historia da Televisión de Galicia. Ademais de J. R., tamén dobrou personaxes de Harry Potter e As Bólas do Dragon. Este vigués púxolles voz a moitos outros grandes actores: Clint Eastwood, Jack Nicholson ou Anthony Hopkins.

Noticias web

10/01/2021