Morren tres persoas e catro quedan feridas nun accidente en Toledo
Publicado o 12/10/2021 15:39

Accidente este martes á mañá en Toledo, na localidade de Lillo. Golpe brutal, que acabou con tres mortos e catro feridos graves. Dous dos falecidos viaxaban nun turismo e a terceira vítima nunha furgoneta.
Os coches quedaron desfeitos e os servizos de emerxencia tiveron que liberar os corpos de entre a ferraxe. De momento, descoñécense as causas do sinistro: os coche bateron de fronte nunha recta, a plena luz do día. É o sinistro máis grave no que levamos de ponte.