CRTVG

Buscar

Morren tres migrantes na costa de California ao envorcar unha barca dedicada ao tráfico de persoas

Publicado o 03/05/2021 08:41
Morren tres migrantes na costa de California ao envorcar unha barca dedicada ao tráfico de persoas

Tres mortos e 27 feridos en San Diego ao envorcar unha barca dedicada ao tráfico de persoas.  Os feridos tiveron que ser hospitalizados con diversos graos de lesións. A lancha, que era de madeira, quedou feita anacos, xa que a zona onde naufragou é moi rochosa e o mar estaba moi malo.

Todos saltaron á auga antes de que a embarcación quedase escachizada. Este tipo de bote de baixa altura, motorizado, a miúdo feito de madeira, é utilizado polos contrabandistas para levaren persoas ilegalmente aos Estados Unidos.