CRTVG

Buscar

Morren tres mariñeiros no incendio dun mercante con bandeira rusa nas Palmas

Publicado o 25/12/2020 14:55

Tres mariñeiros morreron e outros catro quedaron feridos ao incendiarse un barco con bandeira rusa atracado nas Palmas de Gran Canaria.

Todo indica que o lume se orixinou cando se realizaban labores de mantemento e de reparación no arrastreiro. Cando os bombeiros lograron controlar o incendio e entrar no barco atoparon os corpos sen vida de tres dos membros da tripulación.

Noticias web

25/12/2020