CRTVG

Buscar

Morren os catro ocupantes dun coche que foi atropelado por un tren nun paso a nivel en Alacante

Publicado o 02/07/2021 19:45
Morren os catro ocupantes dun coche que foi atropelado por un tren nun paso a nivel en Alacante
EFE

Catro persoas morreron este venres tras colidir un tren intercity contra un coche nun paso a nivel nas inmediacións da estación de Novelda (Alacante), segundo fontes do Centro de Información e Coordinación de Urxencias ( Cicu).

As vítimas son os ocupantes do coche, que quedou completamente esnaquizado como consecuencia do impacto. Os pasaxeiros do tren, procedente de Barcelona e con destino a Lorca (Murcia), atópanse en bo estado, segundo a Garda Civil. A subdelegada do Goberno na provincia de Alacante, Araceli Poblador, que acudiu ao lugar do suceso, dixo aos xornalistas que as vítimas son tres mulleres e un home, de entre 29 e 31 anos. Dous delas, de Petrer (Alacante) e as outras dúas, de Elda (Alacante), segundo Poblador, que engadiu que de momento non se saben as causas do contratempo.

O accidente ocorreu sobre as 17.15 horas no punto quilométrico 424/9 da liña. Segundo un comunicado de Adif, o paso a nivel está dotado de sinais luminosos e acústicos e semibarreiras automáticas. 

Noticias web

02/07/2021