CRTVG

Buscar

Morren nove nenos e un adulto nun accidente de tráfico en Alabama, nos Estados Unidos

Publicado o 20/06/2021 22:41
Morren nove nenos e un adulto nun accidente de tráfico en Alabama, nos Estados Unidos

Nove menores e un adulto faleceron nun accidente de tráfico na autoestrada interestatal de Alabama, nas proximidades de Greenville, con polo menos quince vehículos implicados. O suceso aconteceu durante as treboadas que azoutaban o sur dos Estados Unidos.

A forte chuvia puido ser a causa do impacto múltiple, nunha estrada cuberta pola auga. Entre os falecidos están un pai e a súa filla, que ían nun todoterreo, e os oito ocupantes dun furgón que transportaba nenos dun albergue para cativos sen fogar xestionado polo condado de Butler.

Os pequenos falecidos son nenos en acollida polo Estado, pequenos enviados ao centro de carácter cristián de xeito privado e fillos do traballadores do mesmo.