CRTVG

Buscar

Morren máis de 60 animais de inanición nas Neves

Publicado o 01/07/2021 14:02

Daniel leva unha semana limpando a casa e a leira, pero aínda está todo cheo de lixo e entullo e terá que contratar unha empresa de desinfección. Os cadáveres das sesenta galiñas aínda están aquí neste alpendre, morreron soas e pechadas. Daniel non desbota que se intentasen comer unhas a outras como os cans.

Alugou hai hoxe un ano a casa e a parcela a unha parella nova cunha nena. Só lle pagaron catro meses. Axiña se decatou de que non había ninguén na casa, pero pensou que levarían os animais. Non foi así. A Daniel dálle moita rabia que os desafiuzamentos sexan tan lentos, di que de actuar antes se poderían salvar os animais, como o can que morreu neste sofá.

A Garda Civil investiga o inquilino por un presunto delito de maltrato animal. O home resultou ser un veciño de Ponteareas de vinte e tres anos, con multitude de antecedentes policiais. Un dos cans que posuía era de raza presa canaria e chamábase Hitler, segundo consta na documentación que Daniel atopou na casa. Na vivenda tamén atopou numerosos danos, non do uso, senón provocados.

Noticias web

01/07/2021