CRTVG

Buscar

Morren máis de 30 persoas tras chocar dous trens en Exipto

Publicado o 26/03/2021 18:47

Unha nova traxedia ferroviaria en Exipto deixou este venres polo menos 32 mortos e máis de 160 feridos nun dos peores accidentes de tren da última década neste país, onde son frecuentes os sucesos deste tipo debido ao mal estado da rede e á falta de sistemas de seguridade. 

O accidente tivo lugar entre as estacións da Al Maragha e Tahta, na provincia de Sohag, no sur de Exipto, ás 11.42 horas cando o tren 2011 Asuán - O Cairo "pasou o semáforo 709 e chocou contra a parte traseira do último vagón do tren 157 Luxor - Alexandría", segundo a Autoridade de Ferrocarrís exipcia. 

O tren 157 estaba parado na vía despois de que "descoñecidos" activaran os freos de emerxencia, non se sabe se de forma voluntaria ou accidental. Segundo o último cómputo do Ministerio de Saúde exipcio, polo menos 32 persoas faleceron, entre elas o condutor dun tren e un dos seus asistentes, e 165 resultaron feridas: todos foron trasladados a varios hospitais da zona, aínda que se descoñece a súa gravidade. 
 
 

Noticias web

26/03/2021