CRTVG

Buscar

Morren dúas persoas nun accidente de avioneta en Toledo

Publicado o 07/03/2021 20:59

Así quedou a avioneta tras caer sen control desde unha altura de 150 metros. Sucedeu arredor do mediodía no aeródromo de La Iglesuela, en Toledo, a penas uns minutos despois de engalar con dúas persoas a bordo. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, un facultativo de urxencias e unha ambulancia pero non puideron facer nada máis que certificar o falecemento dos ocupantes da avioneta. Son o instrutor, de 59 anos, e o alumno, de 18.

Víctor Elvira, alcalde de La Iglesuela: "Tiña 18 anos acabados de facer e estaba aprendendo. Hai outra persoa que descoñezo o nome, que era o instrutor e os dous faleceron no acto cando caeu o avión".

Os dous corpos quedaron atrapados e os bombeiros tiveron que liberalos. Agora investigan as causas do accidente. Ao parecer, minutos despois de saír soltouse un cable e o aparello caeu en picado.

Víctor Elvira, alcalde de La Iglesuela: "Algún fallo tivo que haber, están comentando que teñen que estudalo e ver que problema houbo, porque a 150 metros dá tempo a executar algunha manobra".

Hai xusto un mes, no aeródromo de Algodor, tamén en Toledo, dúas persoas, un home de 65 anos e a súa sobriña de 23, morrían ao esnafrarse outra avioneta.

Noticias web

07/03/2021