CRTVG

Buscar

Morren dúas persoas e unha vintena quedan feridas nun tiroteo nun concerto en Miami

Publicado o 30/05/2021 16:58
Morren dúas persoas e unha vintena quedan feridas nun tiroteo nun concerto en Miami

Dúas persoas morreron e outras 25 quedaron feridas nun tiroteo indiscriminado durante un concerto este domingo no condado de Miami-Dade, na Florida, nos Estados Unidos. As autoridades locais aseguran que polo menos un dos feridos está en estado crítico.

Todo sucedeu pouco despois da medianoite nunha sala de billar da vila. As testemuñas aseguran que tres homes non identificados baixaron dunha camioneta con fusís de asalto e con pistolas e dispararon contra a multitude congregada no lugar.

A policía non conta coa descrición dos autores, que se fuxiron tras o tiroteo e aínda non foron localizados.