CRTVG

Buscar

Morren dous mozos en Cerceda tras bater contra outro coche

Publicado o 06/01/2020 14:29

O  accidente ocorreu moi preto da Silva, no concello de Cerceda nun momento en que a visibilidade era reducida e nun tramo con velocidade máxima permitida de 70 quilómetros por hora.
As consecuencias do impacto levan a pensar que o coche en que ían os dous mozos falecidos, un Citroën Saxo, en dirección á Silva ía moi por riba dese límite. O chofer perdeu o control e invadiu o carril contrario polo que circulaba un todo terreo. Neste último viaxaba un matrimonio de mediana idade que saíron con feridas. O impacto desprazou os dous coches e o pequeno incendiouse.
Un veciño do lugar conta que foi un golpe grande, viron un bola de lume e o coche do matrimonio.

Javier Iglesias, veciño da Tablilla que axudou os feridos, di: "Saímos correndo e xa vimos un coche tirado na cuneta coas rodas de atrás levantadas. Unha persoa que estaba a intentar saír e que case saiu polo seu pé que era o condutor. El díxonos que no asento do copiloto estaba súa muller. Abrimos a porta e intentamos sacala. Pensamos que estaba atrapada polo chasis. Arracamos a porta e tiramos e entre un amigo, dous fillos e eu e conseguimos sacala.

Do outro conche nun principio non nos demos conta de que era un coche atra que o condutor contra o que impactou que o comentou e vimos que había unha bola de lume e que era un coche."
Os dous ocupantes, duns vinte anos de idade e veciños da Silva e de Ordes, quedaron atrapados entre os restos do coche incendiado.

Unha veciña da Silva queixábase das consecuencias do sinistro: "É unha pena. É unha pena porque son nenos que acaban de nacer. Eu non sei. A súa nai xa tiña problemas dabondo sen que lle viñese isto".

O accidente tivo lugar ao lado da gasolineira da Tablilla, polo que o persoal desta foi o primeiro en acudir, mesmo cos extintores de man. Un dos primeiros asistentes das vítimas sinalaba o estado do coche grande ao falar da magnitude do choque.

Javier Iglesias di que "debeu ser grande, porque o coche de que lle falo era un Mercedes todo terreo e cando intentamos facer esa operación o coche estaba mirando para A Silva e despois soubemos que ía cara a Ordes, é dicir, estaba en sentido contrario totalmente. O golpe tivo que ser importante".

Ao lugar acudiron diversos efectivos de urxencias, entre eles bombeiros de Ordes. O incendio afectou tamén o pau de teléfono e un cadro instalado no poste eléctrico.

Noticias web

06/01/2020