CRTVG

Buscar

Morren dous motoristas en accidentes de tráfico nas estradas galegas

Publicado o 10/10/2020 19:41
Morren dous motoristas en accidentes de tráfico nas estradas galegas

Tarde lutuosa nas estradas galegas, con dous accidente de tráfico mortais nos concellos de Ponteareas e de Ribeira, que ocasionaron dous vítimas mortais, en ambos casos persoas que ían conducindo motocicletas.

En Ponteareas, o accidente producíuse ao batar unha moto contra un turismo, mentres que a Garda Civil está investigando as causas que provocaron o outro sinistro, no que morreu outro motorista, na parroquia de Aguiño, en Ribeira.