CRTVG

Buscar

Morren dous menores nun accidente de tráfico en Xirona

Publicado o 18/07/2021 15:02

En Xirona, dous menores de 13 e 4 anos, faleceron tras bateren frontalmente dous vehículos. Hai ademais outros oito feridos.

Un dos condutores quedou detido por dous homicidios por imprudencia grave. O sinistro aconteceu de noite e todo apunta á somnolencia como causa do accidente. Os dous menores falecidos pertencen a dúas familias distintas e viaxaban como pasaxeiros nos asentos traseiros de cada un dos vehículos implicados.

Noticias web

18/07/2021