CRTVG

Buscar

Morren 19 anciáns nunha residencia de Madrid

Publicado o 17/03/2020 21:04

A residencia Monte Hermoso, xunto á Casa de Campo, sofre un dos peores focos. Polo menos, 19 anciáns morrían nos últimos días por coronavirus.

O Goberno rebaixa a cifra de vítimas mortais a 17. Pero familiares e traballadores desménteno e aseguran que os mortos aumentarán porque hai polo menos 75 persoas, entre traballadores e residentes, que deron positivo.

A Comunidade de Madrid adoptaba tamén nas últimas horas novas medidas de asistencia médica. Para facer un seguimento constante dos enfermos leves, un 60 % do total, abrirán a diario os centros de saúde pero tamén activarán os hoteis medicalizados. O executivo rexional recibiu o ofrecemento de ata 60.000 prazas por parte do sector hoteleiro para albergar pacientes de coronavirus que non poidan estar na casa pero tampouco requiran dunha unidade de coidados intensivos.

 

Noticias web

17/03/2020