CRTVG

Buscar

Morren 17.000 polos no incendio dunha granxa en Armenteira, en Meis

Publicado o 27/03/2020 10:02
Morren 17.000 polos no incendio dunha granxa en Armenteira, en Meis

Un incendio declarado a pasada madrugada nunha nave de cría e explotación de polos en Armenteira, no Concello de Meis, provocou a morte duns 17.000 animais e calcinou o primeiro andar do inmoble, ademais do tellado.

A Axencia Galega de Emerxencias recibiu o aviso da Garda Civil ás catro e media desta madrugada. Ata o lugar de Cabeza do Boi trasladáronse efectivos dos bombeiros do Salnés, que procederon a atallar as lapas e controlar o foco do lume.

Non houbo danos persoais, pero tanto a primeira planta do edificio como a cuberta quedaron calcinadas, e non se puido evitar a morte de todas as aves que había na granxa.