Morre unha sarxento de artillería durante unhas manobras en Alacante
Publicado o 15/05/2021 17:18

A sarxento de artillería Débora Grau de 33 anos faleceu este venres pola tarde despois de sufrir un accidente durante un exercicio táctico en Alacante, conforme comunicou o Ministerio de Defensa.
A militar do Rexemento de Artillería de Costa 4 con base en San Fernando en Cádiz morreu cando un obús de artillería enganchou ao camión tractor en que ía a muller.
Malia o seu inmediato traslado ao Hospital Xeral de Alacante, faleceu pouco despois. A súa unidade participaba no despregamento da Unidade de Defensa da Costa que se desenvolve en Alacante. O exército lamentou a súa morte e envioulles as condolencias a familiares e compañeiros en Twiter.