CRTVG

Buscar

Morre un home duns 70 anos tras quedar atrapado debaixo dun tractor en Maceda

Publicado o 04/08/2021 18:16
Morre un home duns 70 anos tras quedar atrapado debaixo dun tractor en Maceda

Un home duns 70 anos morreu este mércores tras quedar atrapado debaixo dun tractor. O suceso tivo lugar arredor das cinco da tarde na parroquia de Santiso, no concello ourensán de Maceda.

Ademais do persoal sanitario, interviñeron os bombeiros de San Cibraro, o GES do Pereiro de Aguiar, a Garda Civil e voluntarios de Protección Civil.