Unha muller que viaxaba de acompañante nunha moto morre en Ponteareas

Unha muller faleceu e outras dúas persoas quedaron feridas, unha con carácter grave e outra leve, nun accidente de tráfico ocorrido no concello de Ponteareas pasadas as cinco da tarde. Foi no punto quilométrico 647 da estrada N-120, á altura de Areas.
Segundo informa o 112 Galicia, a muller morreu cando a moto na que viaxaba como acompañante chocou contra un vehículo. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Ata o lugar, tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Ponteareas, de Protección Civil e da Policía Local.
#AXEGAInforma de que unha persoa que viaxaba nunha moto perdeu a vida nunha colisión contra un vehículo, na estrada N-120, en #Ponteareas, mentres que o motorista resultou ferido. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento. Interviñeron: Policía Local e #AVPC. pic.twitter.com/djVDNu7o56
— 112Galicia (@112Galicia) October 9, 2021