Morre unha persoa en Vilanova de Arousa ao caerlle enriba un coche

Unha persoa faleceu esta noite no lugar de Fonsín na parroquia de Baión, no concello de Vilanova de Arousa, segundo informa Emerxencias de Galicia.
Ao parecer, o tráxico suceso produciuse ao caerlle enriba o vehículo que trataba de arranxar. Todo indica que cedeu o gato co que suxeitaba o turismo mentres traballaba nel no patio traseiro da súa casa na pequena aldea de Fonsín.
Ata o lugar acudiron os servizos sanitarios, os bombeiros de Vilagarcía, axentes da Garda Civil e da Policía Local, que se fixeron cargo das investigacións para determinar as causas do accidente.
#AXEGAInforma de que unha persoa faleceu no lugar de Fonsín, parroquia de Baión, no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa, tras caerlle enriba o vehículo que trataba de arranxar. Ata o lugar acudiron os sanitarios, #BombeirosVilagarcía, @guardiacivil e Policía Local. pic.twitter.com/k35I1y0okv
— 112Galicia (@112Galicia) September 12, 2021