CRTVG

Buscar

Morre unha nena de 10 anos en Oleiros tras caer dun patinete

Publicado o 15/05/2020 21:46
Morre unha nena de 10 anos en Oleiros tras caer dun patinete

Unha nena de 10 anos morreu tras caer dun patinete nunha rúa da localidade coruñesa de Oleiros. O accidente, ocorrido o domingo pasado, produciuse ao caer a rapaza cara atrás e golpeou a cabeza contra o asfalto.

Tras varios días ingresada no Materno Infantil, faleceu este xoves e hoxe estaba prevista a súa incineración. A nena formaba parte da selección galega infantil de taekwondo.

Noticias web

15/05/2020