CRTVG

Buscar

Morre unha muller de 39 anos nun accidente de tráfico en Carnota

Publicado o 02/04/2021 16:50
Morre unha muller de 39 anos nun accidente de tráfico en Carnota

Unha muller de 39 anos perdeu a vida nun accidente de tráfico ocorrido este venres ás 14:30 horas na parroquia de San Mamede, no concello de Carnota. Segundo informa o 112, o coche que conducía pola AC-550 saíuse da vía, por circunstancias aínda sen determinar, á altura do quilómetro 18.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de CEE e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muros para excarcerar a vítima. Ademais, interviron no operativo membros da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil.