CRTVG

Buscar

Morre unha muller no incendio dunha vivenda na Zona Franca de Barcelona

Publicado o 04/05/2021 08:08
Morre unha muller no incendio dunha vivenda na Zona Franca de Barcelona

Unha muller de 89 anos morreu este luns ao arder unha vivenda no paseo da Zona Franca de Barcelona. Os bombeiros recibiron o aviso do incendio pasadas as tres da mañá do luns. Tamén se desprazaron ao lugar axentes da Garda Urbana e persoal de urxencias sanitarias. Os Mossos d'Esquadra abriron unha investigación para aclarar as causas do incendio.