Morre unha muller no incendio dunha vivenda en Vigo
Publicado o 20/06/2020 09:16
A Policía Nacional investiga as circustancias dun incendio nunha vivenda en Vigo en que faleceu unha muller. As lapas calcinaron de madrugada a casa na que vivía a vítima mortal, de 51 anos, sen que os servizos de emerxencia desprazados á zona puideran facer nada por salvarlle a vida.
O incendio rexistrouse no número 24 da rúa Joaquín Loriga, no centro de Vigo.