CRTVG

Buscar

Morre unha muller na praia de Muxía por mor dunha indisposición

Publicado o 12/06/2021 19:57

Unha muller de 79 anos morreu esta tarde na praia dos Muíños, en Muxía, logo de sufrir unha indisposición mentres paseaba pola beira do mar.
Malia que outras persoas que estaban na praia avisaron inmediatamente ao 112, os servizos de emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida.
A muller era moi coñecida e prezada na vila xa que, ademais de ser veciña, foi durante moito tempo mestra na antiga escola da Camposa.

Noticias web

12/06/2021