CRTVG

Buscar

Morre unha muller atropelada por un tráiler no centro da Coruña

Publicado o 23/07/2019 20:34

A muller estaba a cruzar esta rúa cando foi atropelada por un tráiler. Era veciña da Coruña e no momento do accidente ía acompañada do seu fillo de 36 anos, que sufriu feridas leves. O corpo da muller estaba a poucos metro dun paso de peóns.

José Manuel Rico Rodríguez, inspector xefe da Unidade de Tráfico da Policía Local da Coruña: "É o que estamos intentando averiguar. Exactamente por onde cruzaba. A posición final pódese saber porque está marcada no pavimento. O que queremos establecer é de onde a onde cruzaba e en que situación estaba o ciclo semafórico".

A vítima, que faleceu no acto, quedou atrapada debaixo do camión e tivo que ser liberada. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada pero nada puideron facer pola muller.

O condutor do camión deu negativo na proba de alcol e drogas. Polo de agora a Policía Local mantén aberta a investigación para esclarecer o caso.