CRTVG

Buscar

Morre unha muller ao caer nun pozo en Monforte

Publicado o 22/05/2021 15:56

 


Morre unha muller ao caer nun pozo en Monforte

A Garda Civil investiga as causas do falecemento dunha muller que caeu a un pozo no lugar de Susao, Sindrán, no concello de Monforte.

Ata o lugar, ademais dos axentes da Garda Civil, desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia e os bombeiros de Monforte para intentar acceder ao corpo da muller e sacalo do pozo.