Morre unha muller ao caer no pozo da súa propiedade en Vila de Cruces
Publicado o 18/09/2020 16:48

En Vila de Cruces, os bombeiros rescataron do interior dun depósito de auga o corpo sen vida dunha muller de 88 anos.
Un familiar avisou os servizos de emerxencia tras atopala aboiando no lugar. As primeiras hipóteses apuntan a unha morte accidental.