CRTVG

Buscar

Morre unha galega nun accidente de tráfico en Djibuti

Publicado o 18/06/2021 13:00
Morre unha galega nun accidente de tráfico en Djibuti

Unha traballadora galega do sector servizos da industria eólica faleceu nun accidente de tráfico en Djbuti, nación situada no corno de África. A empresa Wind Mil, con sede en Santiago de Compostela, participa na construción dun parque eólico con doce traballadores na rexión de Arta, en Djibuti, xunto con outras subcontratas de Gamesa.

Dous traballadores mexicanos e a traballadora galega, con residencia habitual na Coruña, gozaban do seu tempo de lecer e acudían a un centro comercial cando chocaron violentamente contra un camión, falecendo os tres. Os seus cadáveres foron trasladados ao hospital Peltier, en Arta.

Arestora, dous socios da empresa galega Wind Mil, en contacto continuo co consulado español, viaxan a Djbuti para facerse cargo dos trámites de repatriación dos corpos. 

Noticias web

18/06/2021