CRTVG

Buscar

Falece o deseñador francés, de orixe italiana, Emanuel Ungaro

Publicado o 23/12/2019 08:55

Faleceu un grande da moda, o deseñador francés, de orixe italiana, Emanuel Ungaro. Morreu en París esta fin de semana aos 86 anos de idade. O creador aprendeu o oficio baixo as ordes do español Cristóbal Balenciaga.

En 1965 montou a súa propia casa e axiña conseguiu unha clientela fiel, dende Jackie Onassis ata Catherine Deneuve. Finalmente, Ungaro retirouse do mundo da moda en 2004 e, segundo informou a súa familia, a súa saúde debilitouse nos últimos dous anos. Estaba casado e deixa unha filla.

Noticias web

23/12/2019