Morre un veciño de Riotorto esmagado polo seu tractor
Publicado o 10/09/2020 20:21
Un veciño de Riotorto perdeu a vida esta tarde ao envorcar o tractor que conducía. O home, de 71 anos, transportaba un remolque cargado de madeira por unha pista en pendente. O sinistro produciuse a escasos metros da súa vivenda, cando o vehículo envorcou e quedou atrapado debaixo. Malia que se desprazou un helicóptero medicalizado ata o lugar, cando os bombeiros de Barreiros deron sacado o corpo, o condutor xa estaba morto. O accidente ocorreu no lugar de Lorigados. A Garda Civil e o GES da Pontenova tamén participaron neste dispositivo que tivo un fatal desenlace.