Morre un veciño de Foz nun accidente de moto en Mondoñedo
Neste treito en curva, na estrada que une Lourenzá con Cruz da Cancela, perdeu a vida un veciño do concello lucense de Foz, que circulaba na súa moto xunto con outros compañeiros.
Por razóns que se descoñecen foise da vía á altura do quilómetro 23, o que lle ocasionou a morte.
Amigos que circulaban canda el foron os que chamaron o 112 para solicitar asistencia médica urxente.
Cando o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia chegou ao lugar onde ocorreu o sinistro xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Ata o punto tamén se desprazaron os bombeiros de Barreiros e axentes da Garda Civil, que levantaron atestado do accidente. O servizo de mantemento da estrada tivo que limpar a vía.
O motorista era un veciño de Foz, duns corenta anos de idade.