Morre un veciño de Chantada ao caer polo oco das escaleiras
Un home duns 45 anos morreu ao precipitarse polo oco das escaleiras do edificio en que residía. Sucedeu na avenida de Ourense, en Chantada. Unha vez os veciños deron a voz de alarma, desprazáronse ata o lugar dos feitos efectivos da Policía Local e da Garda Civil, ademais dos bombeiros e dos sanitarios do 061.
"El tropezaría, ou algo, e xa caeu polo oco das escaleiras. Estes edificios son antigos e teñen os pasamáns bastante baixos. A moza estaba aquí chorando, baixei do meu edificio e ao abrir un pouquiño a porta xa o vin tirado. Comprobei que non se movía e chamamos ao 061 e ao cuartel e xa viñeron despois todos, pero xa non houbo nada que facer".
"Viñamos doutra intervención e nesa rúa estaba a Policía Local. Xa empezaban a vir efectivos da Garda Civil, que nos detiveron para que lles botásemos unha man. O rapaz do que estaba a cargo que estaba bastante alporizado. O noso labor consistiu en atender un pouco a xente e axudarlles a que o rapaz non intentara entrer á vivenda. Como estaba o irmñan falecido, tampouco era moi agradable de ver", di Jesús Fernández, cabo dos bombeiros de Chantada.
O falecido vivía co seu irmán, en situación de dependencia debido á súa discapacidade. Tanto el coma a parella do finado precisaron asistencia médica polo acontecido.