CRTVG

Buscar

Morre un turista inglés ao precipitarse por un terraplén en Manzaneda

Publicado o 16/06/2021 13:55

En Manzaneda, unha parella de turistas precipitouse esta mañá por un terraplén no lugar de Reigada, na estrada que vai a Ponte Baio, cando estaban nun mirador. Un deles, de 70 anos, morreu a consecuencia desa caída. Os servizos de emerxencias mobilizados, entre eles un helicóptero medicalizado con base en Ourense, lograron rescatar o seu acompañante.

O home contemplaba a paisaxe e non se decatou da perigosidade da zona. Foi o seu acompañante o que avisou os servizos de emerxencia. 

Noticias web

16/06/2021