Morre un traballador en Coirós mentres manipulaba uns cables de media tensión
Publicado o 15/11/2019 14:02

Un operario faleceu esta mañá mentres traballaba na manipulación nuns cables de media tensión no termo municipal coruñés de Coirós. Ocorreu contra ás 10:15 horas, no polígono industrial da localidade.
Unha persoa particular alertaba do sucedido ao 112 Galicia. Acto seguido, os axentes do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Betanzos e da empresa subministradora da electricidade.
A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.